Na Coruña Contas

Volver

Acceso de peóns o Hospital A Coruña (CHUAC)

1fgomgom1 1fgomgom1  •  19/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2623

A subida de acceso o Hospital dende Avda. da Pasaxe é practicamente un vial para vehiculos. Precisa facelo máis ancho e seguro para as persoas discapacitadas ou que acuden andando o centro.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi considerada INVIABLE técnicamente, en base ao seguinte informe: "A vía de acceso ao Centro Hospitalario Universitario da Coruña está construída sobre terreos privados pertencentes ao hospital, polo que o Concello non pode actuar aí directamente. A presente proposta resulta interesante e necesaria para mellorar o acceso ao CHUAC, pero debido á titularidade dos terreos, o Concello considera non viable a dita actuación. Con todo, tentará establecer conversas coa propiedade co obxectivo de chegar a realizar a devandita mellora." Dámosche as grazas pola túa achega no programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coa túa participación na seguinte edición do ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos