Na Coruña Contas

Volver

Carril bici

Manuela Manuela  •  19/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2615

Prolongar o carril bici ata os concellos limítrofes para ser utilizados como sistema de transporte e non só como paseo. Actualmente é moi perigoso ir ou vir, por exemplo, ata Oleiros sen arriscar a vida

Estaría ben continuar o carril ata a ponte Pasaxe pola avenida do mesmo nome.

Ou facer o mesmo cara Arteixo aproveitando as distintas vías de saída da cidade cara a zona

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta é INVIABLE, aínda que está prevista a súa execución a través dun Convenio asinado entre o Concello da Coruña e a Deputación Provincial da Coruña a través do proxecto "Carril bici metropolitano". A execución deste investimento está previsto que se faga a cargo dos fondos dese convenio, polo que temos que consideralo inviable. O proxecto no que se está a traballar creará conexións cos concellos de Culleredo e Arteixo mediante a creación de 5,5 quilómetros de infraestrutura ciclable que inclúe un carril por cada un dos sentidos entre a praza de Mina e o parque de San Diego, dando continuidade ao carril bici do parque de San Diego e do barrio do Castrillón para continuar coa creación dun carril bici paralelo ás beirarrúas existentes na actualidade na avenida da Pasaxe ata o concello de Culleredo. Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Mon

    Apoio esta proposta. Es más. Resido en zona torre y salir de coruña, dirección Oleiros o Culleredo, en la bicicleta, es imposible , si tu nivel de manejo de éste vehiculo, no es AVANZADO. Es conocido de todos los que utilizamos la bicicleta, de las docenas de quilometros de carril bici existente en los ayuntamientos limítrofes. Necesitamos una vía de salida segura, desde la zona de la marina, cantones, linares rivas, avenida del ejercito...... etc hasta puente pasaje, salvo por el tramo existente en los Castros, que apenas supera 1 km.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos