Na Coruña Contas

Volver

Espazo digno para Asociacións e colectivos do barrio

psexto psexto  •  19/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2614

Para o mellor desempeño das súas funcións, as asociacións e colectivos deben contar cuns recursos mínimos, como un espazo digno no que desenvolver as súas actividades e construír espazos de encontro, diálogo e participación cidadá. 

O goberno municipal debe  impulsar o tecido asociativo mediante a cesión de espazos municipais garantindo a transparencia, a igualdade no acceso aos recursos públicos e as garantías xurídicas das partes. Trátase, en definitiva, de responder de forma unívoca e transparente a demanda de espazos por parte das entidades cidadás.

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

Agradecemos moitísimo a súa proposta e queremos comunicarlle que o Concello é coñecedor das necesidades de locais das diferentes asociacións da cidade, pero as cesións de locais non cumpren os requisitos para ser consideradas como investimento (requisitos que poden consultarse nesta ligazón: https://aportaaberta.coruna.es/spending_proposals_info#1). En calquera caso, estamos a traballar para atender as peticións de locais a través doutras canles.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos