Na Coruña Contas

Volver

Tarxeta Milenium no móbil

anxo_gz anxo_gz  •  18/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2591

Utilización do móbil como tarxeta Milenium para o transporte público, na que se poidan facer as recargas dende o mesmo aparato e dende a tua propia conta bancaria, sen ter que utilizar os caixeiros e oficinas de Abanca, única altarnativa existente ata agora. Podendo utilizar así o móbil como sistema de pago, como xa se está a facer coas tarxetas de crédito e débito, como alternativa ás vellas tarxetas.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada VIABLE en base ao seguinte informe: "As experiencias de pago a través de móbil no ámbito do transporte urbano aínda son moi illadas. Ademais, o pago a través de móbil en España vai sufrir nos próximos meses cambios substanciais xa que Apple e Samsung van liberar os seus propios sistemas de pago. Actualmente existen experiencias piloto en Málaga, Valencia e Madrid, pero con reducida utilización, pois o seu uso non é moi sinxelo e ademais a implementación depende do operador móbil. A recomendación neste sentido é esperar a que se aclare a situación a curto prazo. Mentres tanto, consideramos viable que ao longo do ano 2017 se poida publicar unha APP que permita a recarga do cartón Millennium a través de móbil, rexistrando os datos dun cartón de crédito/débito e finalizando a recarga do saldo nun lector de cartóns de calquera autobús urbano. Require de acordos con entidades bancarias (pasarela de pago) e a Compañía de Tranvías (instalación de dispositivos de recarga en autobuses). Con estes condicionantes, considérase viable". Dámoche as grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coa túa colaboración na edición do ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • acor_scity

    Por si puede servir de ayuda aquí os pongo un enlace de un sistema de pago que me parece muy bueno. Lo mejor es que podríamos pagar desde el móvil y olvidarnos del desastre de tarjeta Millennium.
    http://www.via-movil.es
    La página tiene vídeos explicativos de como funciona tanto para recargar el bono como para realizar el pago del billete.
    Funciona a través de una aplicación disponible para Android y para Apple.
    La filosofía es la misma que utiliza la aplicación e-park para el pago de la zona azul.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos