Na Coruña Contas

Volver

Turistas de cruceiros -Alternativas de visita a cidade-

anxo_gz anxo_gz  •  18/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2590

É notable o incremento de turistas na cidade e sobre todo o incremento de turistas de cruceiros na cidade. Ben certo é que non se lle da ningunha alternativa de ocio ou visita á cidade durante a sua estadía, propoño a creación dunha app (aplicación no móbil), para poder utilizar, na sua visita a cidade, na que poidan escoitar no seu móbil, no idioma elixido, unha explicación dos lugares máis singulares da cidade. Crear unha tarxeta coa que por un módico prezo poidan utilizar o transporte público e visitar os museos e casas museos da cidade, descontos en rúas comercias e de ocio da cidade, en definitiva unha cidade máis visitable e menos forasteira co visitante".

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos