Na Coruña Contas

Volver

INSTALACIÓN DE POSTES E APARCADOIROS PARA BICICLETAS E MOTOS NON CONTAMINANTES:

fernando-pi fernando-pi  •  16/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2571

INSTALACIÓN DE POSTES E APARCADOIROS PARA BICICLETAS E MOTOS NON CONTAMINANTES

Con esta proposta,  SÚMOME,  se se me permite, a proposta de aleixo_varela , codificada co núm.   209,  que complementarei do seguinte xeito:

Lugares nos que INSTALAR POSTES E APARCADOIROS PARA BICICLETAS E MOTOS NON CONTAMINANTES: 

TODOS OS LUGARES DAS VÍAS PÚBLICAS QUE ACTUALMENTE ESTÁN SINALIZADOS COMO APARCADOIRO RESERVADO,  - xeralmente para funcionarios-  en toda a Cidade, que deben ser ELIMINADOS

(Soamente por citar algúns:  Ao redor do “Palacio de Justicia”. Lateral da Casa do Concello,  Pza. María Pita; ao redor da Audiencia Provincial e Xulgados,  (os funcionarios poden aparcar, os veciños da zona non); Subdelegación do Gobierno de España; Fronte do edif. de Portuarios; Fronte da Consellería de Transportes (Rúa Pérez Ardá) Banco de España; Biblioteca Durán Loriga;  Casa do Mar; Consulado de Italia (Rua/ Juan Flórez) etc. etc.) colexio Concepción Arenal e Telefónica (Rúa Marqués de Amboage); etc. etc. ).

En xeral, todos eses estacionamentos reservados o son para FUNCIONARIOS PÚBLICOS, que parece que teñen máis dereitos que os cidadáns do común. Iso debe de terminarse por hixiene democrática. 

Alguén me pode explicar por que os cidadáns temos que pagarlle unha praza de aparcadoiro ao Presidente; ao secretario ou ao Fiscal  do Tribunal Superior de Xustiza?.  Ou ao Presidente da Xunta do Porto? Ou aos/ as concelleiros/as da corporación municipal? ; ou ao persoal dos colexios ou centros de saúde? –onde aparcan os funcionarios pero non os cidadáns que aceden aos centros-; ou a un cónsul?; ou a empresa Telefónica?.  É unha cuestión de DECENCIA MUNICIPAL.

(agora é cando sae o rancio funcionario a dicir que isto non é investimento; pero si que o é; vexamos:)

É un INVESTIMENTO EN CIDADANÍA; EN IGUALDADE DE DEREITOS; EN MOBILIDADE; EN HUMANIZACIÓN  e, sobre todo, en XUSTIZA SOCIAL.

Ben, pois en todos eses lugares, unha vez “limpos”,  cabe a posibilidade de INVESTIR en INSTALACIÓNS DE APARCADOIROS DE BICIS e MOTOSecolóxicas-. En algún lugar  pódese poñer algunha MARQUESIÑA para o BUS e PARADAS de CARGA E DESCARGA (p.e. Rúa/Cap. Juan Varela que axudaría a liberar a Pza. Monforte) e ata un LUGAR RESERVADO PARA INSTALACIÓN TEMPORAL DE COMERCIO DE FLORES, mediante toldos temporais dos vendedores (Praza de Galicia/ Arcebispo Lago).  En moitos lugares despexados de coches, pódense INSTALAR MACETEROS DE PLANTAS E FLORES.   

O INVESTIMENTO, en diñeiro, non sería moi elevado, pero si EN HUMANIZACIÓN DA CIDADE.

 

Proposta en nome de: Marea dos Mallos

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos