Na Coruña Contas

Volver

ADECUACIÓN DO PASO CHAMADO "CAMIÑO DO CURA" EN OS ROSAIS

Usuario/a borrado/a  •  15/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2542

Por este camiño pasan diariamente centos de persoas para ir ao seu lugar de traballo, centro de saúde, ir á escola, ao centro comercial, etc.. É un sitio de paso moi importante para o barrio pero, ata agora, ninguén fixo nada para este paso perigoso e sucio, onde cando chove o paso é prácticamente intransitable e onde máis dunha persoa tivo caidas e lesións. Arranxar este camiño permitiria, por exemplo,o paso de coches de bebes, carros da compra, persoas con movilidade reducida, etc...

Proposta en nome de: asociación vecinos cultural y deportiva de los rosales

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que actualmente o solo ao que Vde. refírese como "camiño do cura" en Os Rosais, non é solo municipal, polo que non temos competencia para executar ningunha actuación nel, o que nos obriga a declarar a súa proposta como Inviable. Dámoslle as grazas pola súa participación no programa de Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos