Na Coruña Contas

Volver

MELLORA SEGURIDADE CARRIL BICI TRAMO MILLENIUM-SALA MOON

Usuario/a borrado/a  •  15/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2539

Solicitamos unha mellora da seguridade do carril bici. En concreto, o tramo dende o Millenium e a sala Moon, xa que hai farolas no medio do carril, e xusto circulase pegado a estrada. É relativamente habitual ver pasar bicis e karts con nenos por alí e mais de un caeu a estrada invadindo o carril de circulación de coches co perigo que eso supón. Pódese arrimar a acera, aumentar a acera ou poñer barreras vexetais, deixamos a solicitude.. a solución mellor deixamola para os expertos..

Proposta en nome de: asociación vecinos cultural y deportiva de los rosales

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE polo noso equipo técnico en base ao seguinte informe: "A única separación entre o carril bici e a calzada que parece viable sería a plantación de arbustos do tipo de metrosideros por ser moi resitentes á salinidade e fáciles de podar. O ancho necesario deste sebe sería de ao redor de 1,50 m. Ademais, sería necesario realizar obra para escavar unha gabia para a plantación, acometida de auga e traslado e pintado dun novo trazado de carril bici. O orzamento da plantación e a obra sería de 150.655 €. Con todo, infórmase de que, debido ao ancho da beirarrúa e á existencia de farois e arquetas que non permiten plantar moi ao bordo da beirarrúa, o espazo de paseo quedaría moi reducido". Dámosche as grazas pola túa achega aos Orzamentos Participativos e esperamos vover contar coa túa participación no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos