Na Coruña Contas

Volver

Iluminacion LED

miguel78cr miguel78cr  •  14/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2532

Iluminacion LED no alumeado publico a fin de implatala eficiencia enerxetica no Concello. E feito con empresas da cidade

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE en base ao seguinte informe técnico: "A iluminación pública con sistema LED supón un aforro económico. Aínda que o produto sexa de maior custo que outras alternativas, a longo prazo produce un aforro debido a que, ademais de auto-regularse en función das necesidades, a vida útil dos sistemas de iluminación con LED é maior. Esta proposta xa está posta en marcha, cambiando moitos puntos de luz ata o momento en diferentes rúas da cidade, por exemplo, no Paseo Marítimo. O custo da devandita iluminación varía en función do modelo e a tecnoloxía aplicada. O rango de prezos das luminarias LED que se están instalado vai desde os 300 € ata os 1.000 € por unidade. Con estes prezos, poderían instalarse entre 1.000 e máis de 3.000 puntos de luz con tecnoloxía LED na cidade. En canto á adxudicación ás empresas, como administración pública que é o Concello, debe facerse cumprindo co estipulado no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coa túa colaboración nas seguintes edicións.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos