Na Coruña Contas

Volver

Subvencionar Transporte Escolar

antonio72 antonio72  •  14/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2527

A miña proposta consiste en subvencionar o transporte público escolar, para que os/as nenos/as podan utilizar este medio para acudir aos seus colexios, sen necesidade de desprazarse en coches particulares. Como pai de dous fillos que acuden a diario a un colexio público concertado na Zapateira, doeme moito ver como hai ata oito autocares semi-vacios e vexo a mesma situación en outros colexios da misma zona, para min é algo intolerable o prezo dos mesmos, xa que o coste do transporte dos meus fillos supera os 160 € mensuais, motivo polo cal a gran maioría dos pais optan por levar aos seus fillos nos coches particulares, sendo esta unha medida medioambiental nefasta xa que orixina unha gran contaminación do entorno, xa que a maioría dos coches levan tan só dous ocupantes (un pai/nai e un/a fillo/a).

Creo que sí este transporte fose máis económico, sen duda os/as pais/nais non dubidarían en utilizalo poidendo deixar así os coches particulares na casa, ademáis evitaríamos os continuos atascos que se xeneran na zona, tendo que desplazar a diario patrullas de policía local á zona para regular o tráfico co coste que esto tamén supón e sen dúbida obteríamos unha cidade máis sostible medioambientalmente e con moita menos polución.

Informe de inviabilidade

As subvencións dirixidas ao transporte público non entran na categoría de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos