Na Coruña Contas

Volver

Proxecto de atención integral a mulleres con problemas de violencia de xénero.

ricardo.seixo ricardo.seixo  •  13/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2509

Desde a Asociación Veciñal "AGRA", segundo o acordo adoptado por unanimidade na Asemblea Xeral celebrada o pasado día 9 de xuño, fago esta proposta que concreto en:

- Centros de acollida rehabilitando vivendas nos diferentes barrios da cidade.

- Programa de rehabilitación  e integración social das vítimas.

- Programa de asistencia xurídica e emocional.

- programa de axuda económica previa á integración laboral necesaria. 

Proposta en nome de: Asociación Veciñal "AGRA"

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi considerada INVIABLE segundo o seguinte informe técnico: "A entidade propoñente sinala catro propostas no marco da proposta xeral, e delas, tan só a primeira constitúe un custo de investimento (centros de acollida/pisos rehabilitados, por exemplo). O resto das propostas (rehabilitación e integración social, asistencia xurídica e emocional e axudas económicas previas á integración laboral), son gastos correntes e non de investimento. Aínda así, é necesario comentar que o Concello da Coruña conta xa cunha Rede municipal de acollemento a vítimas de violencia de xénero e desenvolve, a través do Centro de Información ás Mulleres, actuacións dirixidas a mulleres e menores en situación de especial vulnerabilidade. En canto á rehabilitación de pisos a modo de centros de acollida, o Concello xa conta na actualidade cunha Casa de Acollida e con dous pisos para a transición á vida autónoma para mulleres vítimas. En calquera caso, a proposta de investimento supera o millón de euros, que é o límite deste programa de Orzamentos Participativos." Agradecemos a túa contribución a este programa e esperamos contar de novo coa túa participación na edición do ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos