Na Coruña Contas

Volver

Transformar o antigo edificio de sanidade en Comisaría da Policía Local.

A. Martínez A. Martínez  •  13/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2508

A policía local da cidade atópase nun edificio pequeno e mal ubicado, que limita a prestación de servizos correctamente, non é plenamente accesible a todolos cidadáns pola súa arquitectura, non ten espazo para guarecer tódolos vehículos do corpo municipal e atópase alonxado de boa parte da cidade.

Tempo atrás falouse da cesión por parte dunha receptiva Xunta de Galicia  do antigo edificio case sen usos de sanidade situado en Ronda de Nelle á altura de cidade xardín.  Dito edificio estase deteriorando (os bombeiros tiveron que intervir nos ultimos temporais por desprendementos na fachada do mesmo) facendo perder grandes oportunidades de mellora na cidade.

Está ubicado xunto a catro das principais arterias de tráfico da cidade (terceira ronda, ronda de outeiro, ronda de nelle e paseo marítimo), moi ben comunicado, cunha ampla parcela para aloxar boa parte do parque móbil do corpo municipal, posee unha arquitectura moi accesible e permitiría un incremento de superficies imposible no actual edificio. Todo esto redundaría nun mellor servizo (mais accesible, mellor comunicado, máis rápido, e con máis posibilidades) ao cidadán, unha mellora nas instalacións e servizos que poida ofertar a policía, dende aulas de seguridade vial ata zonas de tiro (hoxe inexistentes). Tamén liberaría parte das instalacións en monte alto, ademais de garantir un amplo número de prazas de aparcamento gratuítas ós veciños da zona, e permitiría ofertar novos servizos na zona. 

Ademais, cando se faga efectivo o traslado da actual estación de autobuses ata a nova intermodal, o edificio da estación debería dar paso a un novo parque (se se fai o recollido polos PXOM), polo que a actual sala de pantallas da policía precisaría dunha nova ubicación, garantida con creces neste novo edificio. 

 

Informe de inviabilidade

Agradecemos e valoramos a súa proposta pero, lamentablemente, o edificio que vostede comenta non é de titularidade municipal, polo que temos que etiquetala como "inviable".


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos