Na Coruña Contas

Volver

Segunda fase da reforma e dotación de usos do Pazo de Veeduría

A. Martínez A. Martínez  •  13/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2507

O pazo de veeduría recolle so nunha pequena parte da súa superficie un centro cívico que da servizo á cidade vella. O resto do edificio atópase sen uso.

Sería moi interesante revisar os usos propostos previamente para o resto da edificación a fin de dotala de contido e poder liberar outros edificios municipais como o de Durán Loriga para usos sociais (coma un centro cívico). Deste modo daríase vida a un edificio histórico infrautilizado, ademais de achegar máis vida á cidade vella e estimular o seu comercio, e tamen daría pe a dotar de servizos  a unha zona con pouca implantación municipal en pleno centro da cidade (como é duran loriga)

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos