Na Coruña Contas

Volver

Recuperación da antiga comandancia de obras

A. Martínez A. Martínez  •  13/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2506

O anterior goberno municipal destinaba a antiga comandancia de obras á implantación do CIDEA. Unha vez descartados ditos fins pola actual corporación, compre buscar un novo fin a ditas naves. Non tódalas cidades poden presumir da recuperación de edificios destas características, amplios, diáfanos,  e de excelente ubicación.

Actualmente a cidade carece dun albergue de xuventude, que pode atraer turismo xuvenil e novas correntes culturais á cidade, xenera movemento comercial e explota unha nova vertente pouco coñecida na zona.

Poderíase destinar unha parte das edificacións (o edificio principal racionalista xunto ao paseo) a zona de albergue e cafetería de libre acceso en concesión. O resto de naves poderíanse destinar a zonas de exposicións e servizos ós barrios colindantes que non estean recollidos nos edificios municipais adxacentes, como poden ser aulas deportivas ou de talleres formativos ou artísticos, salas de proxeccións de ciclos de cine, un pequeno museo da banda deseñada ou punto de fomento das artes gráficas na cidade... etc etc. 

Somos unha cidade fondamente cultural, na que naceu a corrente de fomento e defensa do galego, na que úbicase o CGAI ou danse cita anualmente salóns do comic, dos mundos dixitais ou do cinema de curtos coma o super8. Sería moi interesante dar coba a unha multidisciplinaridade para mostrar dita relación. 

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que o edificio da antiga Comandancia de Obras actualmente ainda non é un edificio municipal, polo que non se pode tomar a súa proposta como Viable. Non obstante, tomamos nota da súa suxerencia e agradecémoslle a súa colaboración.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • psc

    Yo también creo que es necesario apoyar una iniciativa como la propuesta. Para hacerlo VIABLE quizás la iniciativa debería comenzar por solicitar que el Concello solicite al Ministerio de Defensa la cesión de las instalaciones o hacer un convenio para solicitar el USO Y GESTIÓN

    Sen respostas
Non hai fitos definidos