Na Coruña Contas

Volver

Creación dunha pequena praza no cruce da Rúa Marconi coa Rúa Mondoñedo

A. Martínez A. Martínez  •  13/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2504

Actualmente as rúas Marconi e Mondoñedo carecen de beirarúas como tal. A primeira ten unha franxa pintada que delimita a zona de paso peatonal, a segunda non ten sequera ese espazo delimitado. Conforman un claro exemplo de rúa que non invita a pasar, e de feito atópanse con multitude de baixos baleiros.

O cruce de ambas conforma un espazo gris no que os coches campan sen ton nin son.

A proposta consiste en transformar ese pequeno recuncho nun espazo agradable de estar para os veciños, con algo de arbolado, bancos e espazo para a implantación dalgúnha posible terraza que dea vida a esta rúa infrautilizada. 

Informe de custo

En relación con esta proposta, totalmente VIABLE, dunha pequena praza na confluencia entre as rúas Marconi e Mondoñedo, existe xa un proxecto redactado que abarca a totalidade da rúa Marconi. Aplicando a ratio por m2 deste proxecto á superficie da praza, estímase un orzamento de 100.000 €. Agradecemos a túa participación neste programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coa túa colaboración na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos