Na Coruña Contas

Volver

Instalación de bolardos para mellorar accesibilidade na nova área de Eirís

antonioprado antonioprado  •  11/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2478

En Eirís, a nova área entre a Avda. de Monelos e a rúa Jerónimo Vázquez Franco serve de atallo para moitas persoas ao diminuir sustancialmente a pendente para chegar á parte alta do núcleo (Fray Pedro Payo Piñeiro, Parque de Eirís e cara o CHUAC). Existe un problema repetido en varias ocasións, e é que coches ou furgonetas aparcan na cima do aparcadoiro ou no lateral impedindo o paso e obrigando a veciñas en cadeira de rodas a dar unha volta de arredor de 200m. pola súa mala conduta. Tamén a ter que baixar carriños invadindo o espazo dos coches co perigo que supón.

Un xeito sinxelo de acabar con isto sería que a Policía Local asistise ás chamadas e multase a quen o fixera, pero como isto aínda non aconteceu nin a primeira vez, propoño a colocación de bolardos para impedir que se estacionen vehículos e obstaculicen o paso.

Vai na imaxe o espazo do que se fala e unha idea de onde poderían ir colocados.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos