Na Coruña Contas

Volver

Ruta Ornitolóxica e Observatorios

Manu Manu  •  11/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2477

A riqueza ornitolóxica do noso Concello, é unha permanente fonte de disfrute para moitos veciños e veciñas da Coruña.

A abundancia de aves residentes e a situación xeográfica da cidade nas rutas migratorias, fan dela un lugar moi apropiado para a observación de aves de todo tipo. Uns observatorios distribuidos polas zonas máis idóneas -Torre de Hercules, San Amaro, Monte de San Pedro, Bens- podrían conformar unha ruta ornitolóxica de gran interés, non so para os veciños e veciñas da cidade senón como reclamo turístico.

O investimento en observatorios e marcación de rutas non parece que sexa moi alto para o valor engadido que lle podría proporcionar a cidade esta iniciativa.

Ademáis hai unha gran cantidade de afezoados a ornitoloxía entre varios colectivos da Coruña, tanto en observación como en fotografía da Natureza, que verían con moito agrado unha iniciativa tan cativa en orzamento e que tanto pode revertir para o disfrute e coñocemento da avifauna local.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • pilarpato

    Es una genialidad. Los urbanitas no tendriamos que llevar con elegancia nuestra autentica ignorancia en este tema, Puede que no tengamos la fauna y la flora de otras zonas mas privilegiadas, pero lo poco que tenemos por lo menos conocerlo y concederle nuestra atencion, Me gusta la idea y ademas estoy completamente de acuerdo que turisticamente es muy interesante,

    Sen respostas
Non hai fitos definidos