Na Coruña Contas

Volver

Por un uso social do faro de Oza

psexto psexto  •  11/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2472

Dende a asociación veciñal  Oza Gaiteira Os Castros queremos lembrar que non pasou moito tempo dende que o noso colectivo, xunto coa Confraría de Pescadores da Coruña, solicitamos que o Faro de Oza se destinase a Aula do Mar e aula de Formación para a Confraría, aínda hoxe non tivemos resposta.

Reclamamos unha vez máis que o patrimonio público, ese que se fixo cos cartos de todos e todas, debe poñerse ao servizo da cidadanía e non para beneficio duns poucos. Reclamamos que se poña ao servizo dos veciños e veciñas e se lle dea un uso social e non particular como pretende o goberno do PP.

Mentres as clases populares, traballadores, pensionistas, estudantes... padecemos recortes económicos, de dereitos e sociais, uns poucos privilexiados seguen a facer negocios e a acumular cada vez máis poder e recursos.

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

Moitísimas grazas por participar neste programa. Lamentablemente, temos que etiquetar a súa proposta como inviable pois o destino de uso dun edificio municipal non supón un gasto de investimento. Igualmente, pasaremos a súa achega para a súa valoración á área correspondente. Grazas de novo por participar.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos