Na Coruña Contas

Volver

Rua Carballo

psexto psexto  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2471

  A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros volvemos denunciar o estado no que se atopa a rúa Carballo na esquina coa Ronda de Outeiro. Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto co noso colectivo para trasladar as queixas sobre o estado no que se mantén esa parte da rúa, sen urbanizar, chea de maleza e con grandes fochancas. Queremos solicitar a este goberno a nesecidade de urbanizar esa parte da rúa, incorporando o terreo onde se ía instalar a gasolineira ao parque de Oza e recuperando o camiño que usou sempre a veciñanza para subir ate a rúa Montes. A Día de hoxe o terreo do que falamos mantense cheo de maleza e de falta de limpeza e mantemento, o que o converte nun foco de infección para o barrio

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

A urbanización da prolongación da Rúa Carballo non é competencia do Concello senon que é obriga do conxunto de propietarios do polígono. O terreo da gasolineira si é municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos