Na Coruña Contas

Volver

A PRAZA DOS ANTIGOS XARDINS DA FÁBRICA DE TABACOS PROPOSTA PAISAXÍSTICA

psexto psexto  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2470

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que noso colectivo veciñal tense distinguido dende o seu nacemento non só pola defensa da calidade de vida coti-dian do barrio, senón tamén por unha defensa do espazo urbano cidadán. A base do noso traballo é contar coa participación dos veciños na definición dos espazos públicos como espazos de uso cidadán.

Esta idea fundamental, participar en facer un barrio mais ama-ble engadindo calidade social e urbana polo que o noso colectivo presentamos a o concello dunha proposta sobre A PRAZA DOS ANTIGOS XARDINS DA FÁBRICA DE TABACOS proposta paisaxística O proxecto que presentamos a continuación segue o mesmo camiño: defender os espazos públicos, mellorar a cali­dade dos mesmos, e poñelos en función dos cidadáns.  En  dita proposta propoñemos 5 obxectivos moi concretos:

(1) Reducir o espazo mineral e ampliar o espazo verde introducindo distintas programacións como poden ser un xardín de flores e un céspede para o repouso. Isto significa romper coa tradición dos espazos minerais que existen na cidade e dar máis importancia aos espazos verdes

(2) Solucionar o problema do forte vento que ven da Avenida do Exército utilizando un contravento natural composto de árbores e arbustos que diminúan a velocidade do vento

(3) Considerar o engadir actividades recreativas e deporti­vas para distintos grupos xeracionais. Xa existe un espazo para os máis pequenos pero se necesitan espazos tamén para os adoles­centes e para os máis maiores.

(4) Reducir o custo de mantemento é de construción ao introducir máis elementos vexetais

(5) Recuperar temporalmente os espazos valados onde deberían estar os tres edificios de vivendas como espazos verdes en espera ou para destinalos ás actividades deportivas.

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE segundo o seguinte informe técnico: "A presente valoración recolle a construción de dous grandes contedores para prantación de arboledo. Un paralelo á antiga fábrica de tabacos e outro en posición perpendicular en paralelo ao porto. Os traballos incluirían a demolición de pavementos previa a impermeabilización de fondos, a construción de contedores, drenaxe, recheo de terras, prantado de árbores, axardinado ou tratamento de superficies e instalación de rego. En total actuaríase sobre unha superficie duns 650 metros cadrados supoñendo unha execución material aproximada de 235.700.-€. Os espazos valados de obra non son utilizables xa que neles atópase iniciada a construción das edificacións e ademais son de ámbito privado. En relación aos espazos recreativos e deportivos para a mocidade e maiores, proponse a instalación dunha zona biosaudable e unha pista multideporte correctamente valada para non interferir no paso cotián dos transeúntes. O total das actuacións estímase en 160.000€. Previamente debe asegurarse cal é a capacidade portante do forxado existente." Agradecemos a túa participación no programa dos Orzamentos Participativos e esperamos contar coa túa colaboración na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos