Na Coruña Contas

Volver

Plan de difusión e chamamento á actividade musical para a xente xove

pedro16797 pedro16797  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2461

Plan de difusión e chamamento á actividade musical para a xente xove tanto en institutos coma en escolas públicas e privadas de música.

 

Hoxe en día moitos xoves, incluso músicos, descoñecen o funcionamento (e ata a existencia) de lugares na Coruña tales coma os Locaisdensaio ou a sala Túnel. O mellor remedio para isto é chegar ata a xuventude.

É algo sabido que un sector da xuventude pode estar máis intimidado ante a participación, pouco acostumado ou inseguro ante a súa pouca experiencia na música. A maneira de revertilo é chegar a eles, na rúa, nas escolas, no conservatorio, nos institutos... Para que non só os xa músicos coñezan os locais, senon que tamén os posibles futuros músicos, ou os rapaces que estean a aprender a tocar un instrumento e non coñezan xente ca que facer un grupo.

  • Charlas en institutos, así como un primeiro achegamento con actividades como visitas ca escola a locaisdensaio empregando o bus urbano, para dar a ver a facilidade de aceso.
  • Crear unha relación entre escolas públicas e privadas de música, institutos que impartan clases de música e os dous conservatorios, para que estas lembren aos seus alumnos a existencia das salas, os incentiven a acudir a estas e fagan quedadas entre elas para que xurdan grupos novos entre os seus alumnos.
  • Charlas na rúa, en zonas coñecidas de alta concentración xuvenil, con xente dos locais (tanto organizadores coma usuarios que se presten a achegarse) no que se informe á xente e contesten dúbidas. Ter un par de instrumentos alí mesmo para que se fixera un primeiro achegamento a eles tamén estaría moi ben.

Informe de inviabilidade

A proposta é Inviable porque potenciar as relacións entre as escolas públicas e privadas de música, como as charlas na rúa e nos institutos, non están considerados como gastos de investimento, que é ún dos requisitos que sinala a programa de Orzamentos Participativos para declarar unha proposta como Viable.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos