Na Coruña Contas

Volver

Creación dunha Biblioteca Municipal en Novo Mesoiro

rabizas rabizas  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2454

Propoño a creación dunha Biblioteca Municipal en Novo Mesoiro para dar servizo aos veciños, pois é barrio máis alonxado do casco urbán.

Novo Mesoiro é o barrio máis novo da cidade, a porcentaxe de nenos menores de cinco anos en relación coa poboación total da cidade sitúase en máis do dobre que nalgúns distritos e concéntrase a maior porcentaxe de menores de 20 anos sobre o total da poboación.

Carecemos dunha Biblioteca, e necesitamos a realización de programas de animación á lectura dirixidos especialmente ao público infantil e xuvenil.

 

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi declarada INVIABLE técnicamente, en base ao informe que achegamos: "O Concello da Coruña non dispón actualmente de ningunha parcela no barrio de Novo Mesoiro na que poida edificar este equipamento. Á marxe desta situación, que podería ser obxecto de modificación no medio prazo, o custo de construción e dotación dunha biblioteca municipal supera o límite orzamentario establecido no proceso dos Orzamentos Participativos. Aínda cunha superficie de 600 m2, notablemente inferior á recomendada pola FEMP (1.560 m2), o custo de construción situaríase no entorno dos 960.000 euros, aos que habería que engadir os custos de dotación de equipamento informático, mobiliario, fondos bibliográficos, etc. Á marxe das consideracións en relación coa construción do equipamento, o Servizo de Cultura considera que non é viable a curto prazo a ampliación da rede de bibliotecas. O proceso de remunicipalización do servizo, coa próxima incorporación ao cadro de persoal do Concello de máis de 60 novos traballadores e traballadoras, condiciona no curto prazo as posibilidades de crecemento. Porén, o Concello está a estudar posibles alternativas para dar resposta transitoria ás demandas da cidadanía, a través de fórmulas de descentralización ou sistemas de xestión participativa. Durante o último cuadrimestre de 2016 desenvolverase un proceso participativo no barrio de Novo Mesoiro para avaliar estas alternativas en relación cos diferentes servizos municipais'. Moitas grazas pola túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos que volvas participar con nós o vindeiro ano, na seguinte edición dos Orzamentos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos