Na Coruña Contas

Volver

Mellora zona verde entre Pena Moa (depósitos-3ª Rolda) e Monte de Bens

Vismeiro Vismeiro  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2451

Hai unha zona situada entre os depósitos de agua de EMALCSA en Penamoa, xusto despois de atravesala ponte sobre a 3ª Rolda e o Monte de Bens, que está totalmente abandonada. E un eucaliptal atravesado por un camiño no que soe haber un montón de lixo e refugallos. Sería interesante recuperar esta zona, facendo una limpeza e tala de vexetación, mellora do camiño, dotación de ilumianación e plantación de especies vexetais autóctonas. Deste xeito abriríase unha nova via de comunciación entre a zona de A Silva, Cances e Ventorrillo co Monte de Bens e poñería en valor a zona de Penamoa, que desde que se desaloxaron os campamentos xitanos e se construiu a 3ª Rolda está infrautilizada e sen darlle ningún valor. Esta zona presenta unha ubicación estratéxica cunhas vistas da cidade únicas. Considero que sería ideal crear por exemplo unha escola obradoiro que recuperesa a zona creando sendeiros, camiños, plantando especias arbores, etc....

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos