Na Coruña Contas

Volver

CARRIL BICI ESTACIÓNS BUSES/TRENS>CENTRO>SAÍDA CIDADE

ramon_rb ramon_rb  •  09/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2433

Gustaríame propoñer un carril bici que una as estacións de buses e trens co centro. Fomentaría o uso da bicicleta con seguridade para que non nos atrevemos a ir pola calzada e non queremos molestando á moita xente que camiña en hora punta. Liberaría tráfico tamén nesas horas na Palloza, Linares Rivas. A beirarúa do Porto ten creo o ancho suficiente para acollelo. Uniríase co paseo de Méndez Núñez e xa co carril bici do Parrote.

 

 

Creo que non habería que investir moito, con que estea sinalizado con esas chapiñas redondas e a poder ser tamén pintado xa non habería que mudar parte do pavimento, aínda que sería o recomendable. Sería bo conectar todos os barrios co centro e entre eles, e a poder ser coa saída da cidade ata a Pasaxe, e nenos e adultos poderiamos chegar de forma segura ao carril bici do Burgo, Sta Cristina, Oleiros. Seguro que o agradecemos :)

 

Moitas grazas por escoitarnos

 

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi considerada INVIABLE polo noso equipo técnico en base ao seguinte informe: "A proposta supera o orzamento de 1.000.000 €, aínda que se informa que a conexión coa Estación de Autobuses está previsto iniciar a súa contratación para o último trimestre do ano. O tramo da saída da cidade trátase dunha actuación parcialmente incluída na proposta de carril bici que se financiaría por medio dun convenio coa Deputación. Ademais, o orzamento do anteproxecto ascende á cantidade de 1.047.310,4 €., o que superaría o importe máximo establecido como tope no programa de Orzamentos Participativos". Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos