Na Coruña Contas

Volver

Remodelar a Praza de Artillería

Usuario/a borrado/a  •  09/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2415

Remodelar a praza de artillería como un espazo verde, con espazos para o encontro interxeracional: fontes de auga, sombra, xogos de chan para as crianzas (como a chapa e outros xogos de chan), fontes para os cans, bancos e mesas de madeira para meredar, xogar e falar, espazos para poder pintar no chan con xardín ou horta urbana para prantar en comunidade e que á vez funcione como zona de peche da praza e como espazo de xogo para as crianzas. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos