Na Coruña Contas

Volver

Parque urbano na rúa da Gaiteira

psexto psexto  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2403

Os espazos verdes convertéronse na natureza das cidades. Espazos onde esquecerse do estrés e poder pasear tranquilamente, para facer deporte, sentarse a descansar ou ler un libro, afastándose por un intre de todo o que leva consigo vivir na cidade. As zonas ao aire libre son esenciais para o desenvolvemento urbano. Os parques, as prazas con árbores, fontes, etc, en moitas ocasións, son o atractivo e identidade das cidades e garanten a calidade de vida dos cidadáns. Normalmente a vida na cidade é máis solitaria que nos pobos ou nas zonas con menos habitantes, desaparece a relación tan familiar que temos cos veciños. Por iso os parques rescatan este xeito de relacionarse, porque coincidimos coas mesmas persoas, porque vemos xente coas mesmas afeccións ca nós. Por último, tamén diminúen os riscos do ambiente urbano, preservan a biodiversidade nas cidades, reducen os riscos de inundación, filtran ruídos molestos... Os espazos verdes son moi importantes nun ámbito tan gris e serio como son as cidades. É un xeito de coidar os seus habitantes e de garantir o seu benestar. Por iso, non podemos permitir que non crezan ao mesmo nivel que se expanden as cidades. A Organización Mundial da Saúde recomendou 9 m² por habitante de espazos verdes a principios dos noventa. Este é o dato máis relevante que se publicou aínda que non se fixeron estudos moi extensos sobre os espazos verdes mínimos que debe ter unha cidade. A demanda de espazos verdes foi unha constante desta asociación. Dende a nosa asociación pensamos que se debe potenciar ditos espazos verdes polo que instamos a facer, unha vez casi rematada  as obras de remodelación da rúa da Gaiteira, un espazo verde e de lecer e donde facer depote no antigo corralón da Gaiteira.  

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

Agradecemos a súa proposta pero temos que comunicarlle que, no antigo corralón da Gaiteira, a cantidade de terreo de titularidade municipal non é suficiente para facer un parque ou unha zona verde, polo que temos que etiquetala como "inviable".


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos