Na Coruña Contas

Volver

Proposta de mellora do Parque de San Diego

psexto psexto  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2401

A Asociación OZA-Gaiteira Os Castros cree que as posibilidades do parque como lugar de esparcemento non están totalmente desenvolvidas.

Con poucas melloras nos espazos vexetais e cunha reorganizacion

dos usos poderíase chegar a obter un parque máis acorde cunha xestión sotenible dos

espazos verdes coas ás necesidades de esparcemento dos veciños.

Propoñemos unha serie de renovacións de acorde con estes principios.

PROPOSTAS A finalidade principal desta proposta é de propoñer unha serie de iniciativas que poden mellorar a calidade dos espazos vexetais (a nivel de uso e de biodiversidade) do parque San Diego a través de pequenas intervencións. Propoñemos seis puntos moi concretos: (1) Reducir o espazo en céspede e aproveitar a pente do parque para introducir unha pradería. Esta estratexia permite de animar o noiro a través de diferentes elementos: o tipo de sementeira, o modo de xestión, as plantacións adxacentes ou a topografía.

(2) Mellorar a sinalización do ‘Arboreto’ de maneira que todas as árbores sexan etiquetadas para informar aos visitantes.

(3) Densificar e reestruturar a trama das árbores para crear espazos con usos diferentes e para engadir mais diversidade nas especias.

(4) Animar o espazo ao pé del muro de pedra a través de plantas que poidan medrar apoiándose no muro e que engadan colorido e animación a este espazo en sombra.

(5) Facer das areas de céspede -na actualidade non teñen uso definido e a súa concepción non invita a ser utilizados- espazos de repouso e de pícnic.

(6) Crear talleres de participación e información-conxuntamente entre a asociación e os servicios de espazos verdes do concello- có obxetivo de informar sobre as melloras do parque a veciñanza

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de custo

Para a valoración global desta proposta, que se estima VIABLE, efectuáronse as seguintes estimacións con respecto aos diferentes apartados: 1. Ante a ausencia de cuantificación do alcalce da proposta, suxírese a transformación dun 20% da área que na actualidade recibe un tratamento de céspede intensivo e o seu paso a pradeira (o prezo de execución material neste caso é moi variable segundo se opte por unha diminución paulatina do mantemento das zonas elixidas deixando que a natureza faga o resto; ou ben, levantar a área de céspede, labrar o terreo e sembrar semente de pradeira. Así os custos poden variar entre 0 e uns 18.700€. 2. Sinalización e/ou etiquetado das árbores con placas informativas: consideráronse unhas 30 pranchas de aceiro inoxidable gravadas, incluíndo colocación e sistemas de fixación (execución material aprox. 6.600€). 3. Densificar trama de árbores (non se considera a reestruturación se como tal implica o transplante de árbores xa arraigadas): calculouse unha densidade de unha árbore por cada 100m2 de zona verde libre. Valórase unha plantación de 75 unidades máis, destinando para iso a cantidade de 32.000€ de execución material. 4. Para a plantación de trepadoras no muro, a unidade cada 1,5 ml, o custo da execución material ascendería a uns 1.740€. 5. As áreas de céspede non teñen ningún uso definido pero tampouco prohibido, é dicir, que calquera uso normal que non deteriore en exceso a superficie é posible; e, nun principio, se se quere a maior diversidade dos usos, non se deberían instalar elementos que restrinxan eses usos (p.e.: xogos de pelota por parte dos nenos); con todo, se o que se pretende é primar uns usos sobre outros, en especial o descanso e o “picnic”, poderíase dotar de mobiliario (tumbonas, mesas, cadeiras), aínda que se poden acadar os mesmos fins sen a instalación de elementos específicos. Orzamento de execución material para o subministro e colocación de mobiliario para unha cantidade aproximada de 10 unidades, a partir de 12:000€. 6. O apartado de creación de talleres non se valora por non tratarse dun investimento. O custo total indicado na ficha é a estimación do valor incluídos gastos xerais, beneficio industrial e IVE, e trátase dunha aproximación pois require da súa concreción nun proxecto técnico. Agradecemos a túa colaboración neste programa de Orzamentos participativos e esperamos contar coas túas achegas nas vindeiras edicións deste programa.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos