Na Coruña Contas

Volver

Programa de axudas en especie ás asociacións de veciños

psexto psexto  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2396

Axudas  en especie ás asociacións de veciños, que consiste na disposición de locais veciñais non municipais en réxime de aluguer, xunto cos gastos racionalizados de luz e auga no seu ámbito xeográfico para o desenvolvemento da súa actividades . 

Poden ser beneficiarios destas axudas  todas as asociacións de veciños que cumpran cos seguintes requisitos:

Que estean inscritas no Remac  do concello da Coruña. Que se comprometan a establecer un horario de apertura do local cedido, por un espazo mínimo de 500 horas ao ano. Que presenten unha memoria detallada das diversas actividades desenvolvidas no exercicio precedente.

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

A proposta non pode ser considerada Viable, posto que o pago de gastos de alugar non son considerados investimentos, ainda que sexa para poñer os locais a disposición dunha terceira persoa.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos