Na Coruña Contas

Volver

Reciclaxe, recoxida do lixo e mellora do sistema dos biodixestores

041074 041074  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2371

Fai xa moitos anos que repartiuse o ecocubo (un cubo verde de lixo con dous apartados). Parecia a solución os problemas do vertedoiro de Bens. Non se volveu a facer campaña. A xente só recicla papel e vidro (en xeral)...Os biodixestores non funcionan como deben. A débeda da empresa e inasumible por non ter saida comercial....

Penso que hai que repensar todo o sistema. Facer formación nos colexios, e incluso capañas publicitarias. Agora ven San Xoan....Non quero ver como quedará a praia. Non quero ver como os camions mezcla todo...e non quero ver como todo vai para Bens...Ali non se ve!!!

 

Informe de inviabilidade

O desenvolvemento de campañas formativas, informativas e publicitarias non teñen a categoría de investimento, senon de gasto corrente.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ramon61

    Iso non e verdade. Eu reciclo de todo dende o minuto cero que puxeron o primeiro contedor de papel a case medio km da miña casa. Pilas, roupa, xoguetes, orgánico, aceite, papel, vidro, separo o pan pra as galiñas dun veciño, etc.
    Outra cousa e quen non fai nada de iso, nin pensa e utiliza (eu conozo a varios familiares e amigos) eses cubos verdes que ti dis, pra almacenar patacas ou cousas nos trasteiros e non recicla absolutamente nada.
    Estou contigo de acordo ca educación dia tras dias nas escolas.
    No seu dia propúxenlle os programas das mareas que premiasen con: entradas o Deportivo, a Orquesta Filarmónica, Casa do Auga, os museos, etc. a xente que se lle "pillasen" reciclando, como nunha especie de "multa positiva" esto levaría polo boca a boca os insolidarios a sentirse xente rara e desintegrada, e os animaría o reciclaxe.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos