Na Coruña Contas

Volver

Obtención dos terreos necesarios para o Museo de Automoción Jorge Jove

A. Martínez A. Martínez  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2365

Trala anulación do planeamento inicial que contemplaba a construcción do Museo de Automoción e Historia nos terreos do Parque de Bens, compre obter e facilitar a súa implantación noutra zona da cidade, a fin de dotar á mesma dun novo atractivo cultural como pode ser unha das maiores coleccións de vehículos de Europa. 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos