Na Coruña Contas

Volver

Intervención no acceso ó Castelo de Santo Antón

A. Martínez A. Martínez  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2363

O plan Busquets incluía a eliminación do actual acceso ao Castelo de Santo Antón (unha lingua de asfalto, aparcamento e beirarrúas), e a súa sustitución por unha pasarela de madeira de formato similar á empregada no Castelo de Santa Cruz en Oleiros, de sección maior para garantir o acceso de vehículos de transporte ó castelo.  

Desta forma recupérase a ubicación do Castelo nunha illa, diminúese o lixo que acumula o mar nesa zona e mellórase sensiblemente a apreciación do mesmo. 

Informe de inviabilidade

Os terreos aos que se refire a proposta non son propiedade do Concello da Coruña, senon doutra administración, polo que o investimento proposto queda fora da competencia municipal. Recomendámoslle revisar a proposta nº 124 " Facilitar visitas ao Castelo-Museo de San Antón" por se desexa apoiala durante a seguinte fase de priorización.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos