Na Coruña Contas

Volver

Accesibilidade Os Castros

psexto psexto  •  07/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2358

Dende hai varios anos, moitos veciños que viven nas inmediacións da Avenida da Concordia sinálannos a dificultade que lles supón subila a costa no tramo que vai dende a Avenida do Exército ata a Rúa de Antonio Ríos debido á forte pendente (15% de pendente no primeiro tramo e un 10% no terceiro tramo) e á gran lonxitude desta. A abrupta topografía do noso barrio supón que haxa costas con fortes pendentes e numerosos tramos de escaleiras, e a Avenida da Concordia non é a única rúa nesta situación. O acceso á rúa da Mercede dende a rúa Avenida de Oza realízase na súa maior parte a través de rúas que finalizan nun sen fin de escaleiras supoñendo unha barrea arquitectónica para persoas de movilidade reducida e para os maiores (como por exemplo a Rúa Pintor Villar Chao) Tomando como exemplo numerosos proxectos realizados en cidades de Pais Vasco que teñen problemas simerales aos nosos, gustaríanos que o concello nos axudase a rematar coas barreiras arquitectónicas do barrio afin de facilitar o desprazamento de todos os veciños que viven nel. A nosa proposición leva consigo a creación dunha rampla mecánica no primeiro e terceiro tramo da avenida da Concordia xa que é unha rúa de vital importancia dentro do barrio. Serve de distribución e conexión cos diferentes equipamentos do barrio: o centro de saúde, o instituto, e correos, e debería poder ser accesible por e para todos. Na rúa Pintor Villar Chao a solución sería a implantación de escaleiras mecánicas. O seu uso incrementaría enormemente xa que non existen conexións accesibles a todos entre a rúa da Mercede e a rúa de Avenida de Oza . Co fin de aforrar enerxía e custo, consideramos que a mellor opción é que tanto as escaleiras coma as ramplas mecánicas sexan accionadas de xeito automático por detector de presenza cando un veciño desexe usalas sen necesidade de que estean a funcionar continuamente, e que deberían obter a enerxía de fontes reciclabes como pode ser a enerxía solar. Tamén debería considerarse unha lixeira cubrición a xeito de pérgola para protexer das fortes chuvias e dos ventos dominantes. Os seguintes exemplos, todos no Pais Vasco, expresan claramente nosos obxectivos

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi considerada INVIABLE por tratarse dun gasto de investimento superior a 1M€. A proposta contén dúas obras de mellora de accesibilidade mediante medios mecánicos. A primera trataría de resolver a accesibilidade mediante ramplas mecánicas no primeiro e terceiro tramo. Para isto deberíanse instalar, según se recolle no PAEMAC, tres ramplas deslizantes: unha no primeiro tramo e dúas no segundo. A segunda proposta recolle a construción de dúas escaleiras mecánicas na rúa Pintor Vilar Chao. Tendo en conta que o orzamento base de licitación das escaleiras mecánicas (5) na rúa Mestre Clavé foi de 1.395.932,24 €, según se recolle no PAEMAC, e considerando que o número de elementos mecánicos propostos é igual, e tendo en conta a maiores a cubrición proposta, conclúese que a proposta presentada supera a cantidade máxima de 1M€ e, polo tanto, debe considerarse inviable." Agradecemos a túa participación no programa de Orzamentos participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos