A Porta Aberta

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 8

Esta partida ten un orzamento de 200.000 €

Rehumanización_Avenida_dos_Mallos.jpg
Distrito 8

Devolver a avenida dos Mallos ós veciños. Humanización.

  Sen comentarios  •  05/05/2019  •  mugroso

A avenida dos Mallos comunica unha zona de gran densidade de poboación e cun grandísimo potencial, pero actualmente está infrautilizada. É unha avenida con beirarúas estreitas e moi deterioradas que actualmente conta con catro carrils, dous de aparcamento e dous para a circulación, pero debido ó alto número de coches en doble fila só se utiliza un deles para circular.

Cunha humanización conseguiríamos:

  1. Ampliar e renovar as bairarúas existentes facéndoas máis transitables, o suficientemente amplias como para que algún comercio da zona poidese poñer unha terraza, revalorizando e enchendo de vida a avenida.
  2. Reverdecerla avenida con novos árbores e maceteiros.
  3. Crear un carril bici en toda a súa extensión.
  4. Deixar só un carril de circulación de vehículos deixando espacio para amplialas beirarúas e a creación do carril bici, sen perxudicar á circulación.
Distrito 8

Pista Deportiva en Falperra

  Sen comentarios  •  17/05/2019  •  jlgonzalez

Actualizar el espacio deportivo de la calle Falperra, dotándolo de seguridad; bancos y más equipamiento para un mayor disfrute.

Distrito 8

Humanización rúa Cartagena.

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  DiegoTP

Ensanchar beirarrúas e instalar bolardos. Agora son moi estreitas e moitos coches aparcan enriba delas.

Emprazamento_da_proposta.jpg
Distrito 8

Conexión accesible entre ronda de Outeiro e rúa Caballeros

  Sen comentarios  •  20/05/2019  •  aroelab

As conexións existentes entre a ronda de Outeiro e a rúa Caballeros son todas mediante escaleiras, o que ocasiona dificultades de accesibilidade ou longos desprazamentos. Ademáis, é unha zona de importantes conexións peonís pola proximidade das estacións de tren e autobus, a delegación da Xunta de Galicia ou o colexio San Francisco Xabier. A conexión peonil accesible poderíase lograr cun investimento reducido debido á escasa diferenza de cota entre as dúas vías indicadas nas proximidades da rúa Brasil.

Posible reordenación
Distrito 8

CREACIÓN DUNHA PRAZA ENTRE BISCAIA E SOFÍA CASANOVA

  Sen comentarios  •  20/05/2019  •  A. Martínez

Este espazo atópase infrautilizado,  ademáis do exceso de viais, todas as zonas cebreadas son ocupadas por vehículos particulares. Hai espazo suficiente como para poder adicar parte a unha zona de esparcemento público. Podería estudiarse a reordenación dos sentidos de circulación e a ampliación das zonas de carga e descarga.

Distrito 8

Reurbanización da rúa San Luis

  Sen comentarios  •  02/05/2019  •  Iván Seoane

Reurbanización integral desta rúa, que é das más vellas da zona, ao estilo do que se fixo na rúa San Vicente, centrado a calzada pra que non haxa unha beirarrúa máis ancha que outra e eliminando a dobre fila. Árbores, mobiliario urbán, etc...

nelle_paso_cebra.JPG
Distrito 8

NOVO PASO DE PEÓNS NA RONDA DE NELLE

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  lrf

Creación dun novo paso de peóns na Ronda de Nelle á altura de Sinforiano López co fin de mellorar a mobilidade peonil entre Os Mallos e A Falperra.

Adaptación de beirarrúas e instalación se semáforos.

Distrito 8

Mellorar os accesos peoniles á Rúa da Merced

  Sen comentarios  •  25/04/2019  •  silviacasvaz

Para chegar andando á Rúa da Merced, todo son costas moi empinadas ou escaleiras, e se contamos que é un barrio con moita xente maior o acceso faise moi complicado. Polo que sería de gran axuda instalar unhas escaleiras ou unha rampa mecánica por algún punto de acceso á rúa, como por exemplo, nas escaleiras de codeco ( así tamén se pode fomentar un pouco o uso do mercado), ou na rúa Laureano Mediante, ou na avenida da Concordia....hai varios sitios por donde pode ser factible.

Distrito 8

Humanización rúa Chile.

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  DiegoTP

Ensanchar as beirarrúas e plantar árbores nunha rúa que é unión de Catro Camiños e Os Mallos.

ACERA_ESTRECHA_CALLE_SINFONICA_GALICIA_.jpg
Distrito 8

AMPLIACIÓN ACERA CALLE SINFONICA DE GALICIA

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  gongominola

El primer tramo de la acera derecha de la calle Sinfónica de Galicia (antigua c/ Cabo Santiago Gómez), desde la c/ Juan Florez hasta el viaducto sobre la c/ Costa Rica, presenta dificultades al paso por su estrechez y la existencia de obstáculos como árboles, vehículos aparcados o bordillos delimitadores de jardín, inclumpliemdo en varias puntos la normativa vigente de accesibilidad (Ley 10/2014, del 3 de diciembre, de accesibilidad, de la comunidad autónoma de Galicia), por cuanto no se alcanza el ancho mínimo para el paso de personas.

Se propone la ampliación de la acera, con la reestructuración de las plazas de aparcamiento (actualmente en bateria) y anchos de carriles de esta calle, adaptando también el jardín existente que da acceso a la Plaza de Recife, o, en su caso, trasplantar los árboles a nueva ubicación, con objeto de conseguir un ancho libre de acera de al menos 2 metros.