Na Coruña Contas

Volver

Orzamentos participativos

Proximidades do centro cívico de Feáns

Área recreativa nos arredores do centro cívico de Feáns

14/05/2019  •  america2  •  Distrito 4

Os veciños e veciñas de Feáns tras reunión específica decidiron elevar esta proposta como unha proposta de interese xeral. Neste sentido, destácase que esta zona carece de áreas recreativas, fontes de auga potable e bancos para sentarse as persoas maiores. Así, unha área recreativa nas proximidades do centro cívico de Feáns axudaría a crear comunidade e aumentar o benestar dos veciños e veciñas de todas as idades.

Por outra parte, sería unha proposta de interese para todo o distrito, xa que está prevista a senda fluvial ao largo do río Monelos polo que se podería enlazar con esta zona.

20.000 €
Vallehermoso.jpg

Vexetación na Avenida do Ferrocarril

10/05/2019  •  Anibal_exp  •  Distrito 7

Incorporar vexetación na Avenida do Ferrocarril a altura de Vallehermoso, onde hai moito espazo na beirarrúa ademáis de en rúas próximas cómo Dr.Joaquín Cotarelo e Avenida de Cadiz (moi duras a pesar de estar no arredor dun parque).

5.000 €

Colocar 5 bolardos para reservar a beirarrúa de Ventorrillo a Penamoa

10/05/2019  •  beatrizgomez  •  Distrito 2

Os bolardos terìan que colocarse fronte ao centro privado de pádel, para reservar ese espacio a modo de beirarrúa, para a seguridade de peòns e non para o uso de vehículos, xa que o centro de pádel ten un acceso por abaixo tamèn e aparcadoiro privado

1.280 €