Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 10

Propostas de investimento non viables: Distrito 10

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Adormideras.jpg

Estación BiciCoruña en Polígono de Durmideiras

26/04/2019  •  emilio64  •  Distrito 10

Sería conveniente crear unha estación de BiciCoruña en Durmideiras xa que, debido á súa situación xunto á praia de San Amaro e ao número de habitantes da zoa, seguramente sería un servizo moi empregado.  Por outra banda, é un proxecto de varias administracións locais que, ata a data, ningunha delas a levou a cabo.

Praza do Mercado

CREACIÓN DUNHA ZONA DE ÁRBORES PERTO DE RÚA CONTO (PRAZA DO MERCADO)

21/05/2019  •  fabian89  •  Distrito 10

A praza do mercado en Monte Alto é un espazo que se podería convertir nunha zona verde con árbores para o desfrute de todo o barrio. Actualmente está moi mal coidada, con lousas soltas e macetas en mal estado.

calestenia

Creacion e instalacion de Street Workout / Calistenia y Parkour

26/04/2019  •  cetro  •  Distrito 10

En el Barrio de Montealto vivimos la calle tanto en la rutina diaria como en las fiestas. Disfrutamos del entorno  como una   fusion de mar-naturaleza en la que creo que es necesario cubrir una carencia para todos los que amamos el deporte al aire libre, el barrio, y la vida social.

El deporte ya no se limita a gimnasios. Al igual que se instalan gimnasios para mayores o parques infantiles queda por cubrir una demanda de la generación del babyboom . Por qué no aprovechar mejor el espacio con parques infantiles y zonas verdes.  Se facilita la conciliación familiar fomentando la vida saludable mientras los menores disfrutan en su parque.

 El clima no debe ser la excusa. Vease ciudades europeas con climas mas adversos.

Estos espacios existen en otras zonas de la ciudad y son una carencia en Monte Alto. Aportaría un valor extra a la ciudadanía. 

Pista deportiva de San Xosé

Exprópiese a pista deportiva da Igrexa de San José

07/05/2019  •  slamelov  •  Distrito 10

Na Igrexa de San José, na Rúa Sanjurjo de Carricarte, hai unha pista deportiva que, polo visto, pertence á Igrexia Católica. A pista está abandoada, con desperfectos e chea de cacas de can. O barrio ten gran carencia de instalacións deportivas abertas e o concello podería expropiar á Igrexa esa pista tendo en conta o interese xeral. Agora mesmo é un espazo inútil, suxo e ata perigoso, cunha pista deportiva daría maior dinamismo á zona.

03-vista-desde-la-torre-cerca_02.jpg

La mejor Escape room del mundo

10/05/2019  •  ctp  •  Distrito 10

En vista de que es imposible sacar partido a la antigua cárcel desde el punto de vista social, ya sea creando un centro cívico, cultural, de día para mayores, o todas las anteriores, que es lo que debería hacerse desde hace ya años, se plantea acondicianarla para crear la Escape Room más realista del mundo, y de esta manera generar un beneficio económico y turístico a la ciudad.

Intersección Vereda Polvorín

Arranxar a intersencción Vereda do Polvorín - Santo Tomás

07/05/2019  •  slamelov  •  Distrito 10

No remate de Vereda do Polvorín, onde está o quiosco, hai unha pequena praza que podería ter un novo deseño agora que a metade da Rúa Marola é peonil e xa non saen coches que crucen a esa praza. Con zona de carga e descarga, a plantación dunha árbore de gran porte na pequena zona verde que hai detrás do quiosco, ampliación de beirarrúas, mobiliario urbano... etc. Ata poderían mellorar o quiosco. O feito é que hai un tramo de estrada que xa non se usa porque non ten entrada en coche desde ningún sitio. Esa zona é un pequeno mercado con varias tendas e ben merece un arranxo.

Plano con Terrazas Verdes (Ayuntamiento María Pita)

Terrazas verdes en el Ayuntamiento de A Coruña (María Pita)

17/05/2019  •  martin_mc  •  Distrito 10

Mediante la incorporación de plantas, flores y pequeños arbustos, se propone convertir las dos terrazas que posee el Ayuntamiento de María Pita en su parte posterior, en terrazas verdes. También se propone la colocación de alguna colmena y refugio para insectos con el fin de preservar la biodiversidad en la ciudad.

 

 

Hortas urbanas da Torre

Crear mais parcelas de hortas urbanas na zona da Torre

15/05/2019  •  efernandezcajigal  •  Distrito 10

As hortas urbanas fan un gran servizo para a veciñanza pero é preciso que se amplíe a zona de horta, incluso valorar a posibilidade de crear algunha horta para uso infantil e pedagóxico.

Rúa San Andrés

REURBANIZACIÓN DA RÚA SAN ANDRES (ENTRE XERAL MOLA E RÚA NOVA)

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Distrito 10

Seguindo o deseño empregado na primeira humanización desta vía, proponse a continuación da mesma nestre treito da rúa. Esta intervención melloraría o espazo peonil na mesma, e permitiría un aumento de atractivo comercial. O redeseño tería en conta o novo mapa de liñas de transporte público así como a posible implantación de carrís bus/bici recollidos nese plan.

Retirada de beirarrúas e hibridación de rúas Cordelería e Orzán

20/05/2019  •  tuchodefresa@gmail.com  •  Distrito 10

As rúas Cordelería e Orzán, entre a súa confluencia (altura Gadis do Orzán) e a rúa Alta, son vías con moi pouco tráfico rodado e beirarrúas estreitas e con bolardos. Para os peóns non son rúas cómodas, pero, se cadra, non precisan a peonalización total. Proponse facer que as dúas rúas sexan de tránsito preferente para peóns, retirar as beirarrúas e os bolardos, limitar a velocidade do tráfico a 20 km/h, instalar un pavimento rugoso que obstaculice o tráfico rodado a maior velocidade, delimitar zonas de paso para os vehículos a motor e posibles carga e descarga. Instalar cámaras e controis de velocidade que permitan sancionar as infraccións de xeito automatizado.

Deste xeito, os peóns poderían disfrutar máis destas rúas sen que o escaso tráfico que circula por elas se vise afectado.