Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Propostas de investimento non viables: Distrito 6

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Ximnasio ao aire libre no Parque de Oza

20/05/2019  •  antoniolema  •  Distrito 6

Zona poboada e con necesidades de espazos de lecer ao aire libre.

Elevar paso de Peatones CEIP Fernández Latorre en Avda. Concordia

20/05/2019  •  dverdini  •  Distrito 6

La A. VV. Castrillón-Urbanización Soto "IAR" propone elevar el Paso de Peatones de acceso al CEIP "Fernández Latorre" existente en la Avda. de la Concordia con el fin de garantizar la seguridad de acceso de los escolares al Centro Educativo al obligar a reducir la velocidad de los vehículos que transitan por la citada calle.

Nueva_entrada-salida_CHUAC.png

Nueva entrada/salida CHUAC

19/05/2019  •  U  •  Distrito 6

Propongo realizar una conexión de la AC-10 con Rúa Julio Montero, para reducir el tráfico de vehículos en la carretera de entrada habitual de autobuses y urgencias (ambulancias) desde Avenida da Pasaxe. La disponibilidad de los terrenos en caso de no ser muncicipales se conseguirán mediante cesión o expropiación.

biosaudable.jpg

Parque Infantil + Zona Biosaudable no alto de Eirís

21/05/2019  •  monicaeiris  •  Distrito 6

Dende o Parque que hai sobre o túnel de Eirís ata Fonteculler non atopamos ningunha zona biosaudable, con aparellos para facer ximnasia ó aire libre en calquera momento. E case ocorre o mesmo cos parques infantís. Esta zona máis rural ten moitas cousas pendentes, estas 2 son parte delas.

Tanto pola idade da poboación (persoas maiores, moitas veces con nenos e nenas ó seu cargo durnte o día) como por ser unha zona que escolle moita xente para pasear, consideramos que debera haber unha zona destas características no alto de Eirís.

A localización deixámola a elección do Concello, sempre e cando cubra a zona na que se carece do servizo.

Reformar e humanizar a carreteira dende o Campo da Pena ata o Hospital Quirón

20/05/2019  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 6

Proponse a humanización con aceiras, alumeado, pavimentado e canalizacion augas na estrada dende o Campo da Pena ata o Hospital Quirón

Unificación da Rúa Joaquín Galiacho

25/04/2019  •  slp  •  Distrito 6

Esta Rúa está dividida: os portales hasta o número 14 teñen salida por Avd Alcalde Pérez Ardá, e a partir do número 14, éste incluído, teñen salida por Avd de Monelos. Solicítase que se unan as dúas partes da rúa, pendiente desde que se fixo a ampliación da mesma.

Comuna Gatuna en Lázaro Cárdenas

20/05/2019  •  jcampos  •  Distrito 6

Nesta rúa hai gran cantidade de gatos abandonados que, ao non estar baixo ningún tipo de control, se reproducen sendo cada vez máis. Pola zona hai un parque e varios terreos aptos, polo que propoño que se constrúa unha comuna gatuna para afastalos da rúa e que non corran perigo, esterilizándoos e manténdoos así en boas condicións.

Unir barrios Castrillon e Castros a través de Paso elevado

20/05/2019  •  cocasina  •  Distrito 6

Unir os barrios do Castrillón e Os Castros cun paso elevado atravesando á Avenida da pasaxe nas inmediacións do oleoducto soterrado, continuando do mesmo xeito que se procedeu co carril bici e o paseo que ven dende o parque de San Diego e que continuaría polo barrio do Castrillón polo bulevar Javier López López ata o Barrio das Flores

Zona na que se propón a creación do parque infantil

Creación dun parque infantil en Santa Gema - Palavea

20/05/2019  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 6

Actualmente nesa zona existen unhos bancos e unha zona de árbores, e sería interesante acondicionalo como zona de parque infantil para que poidan desfrutar os nenos das familias do barrio. Tamén sería interesante que a zona contase con máis sombra, plantando máis árbores.

 

Inkedmap_LI.jpg

Ampliar carril-bici Parque de Eiris. Unión con carril Metropolitano

20/05/2019  •  cocasina  •  Distrito 6

Propoño ampliar o carril-bici existente no Parque de iris e enlazalo co trazado xa existente do carril Metropolitano