- Tarxetas
- Lista
Instalación de puntos de luz no lugar de Cances
16/05/2019 • • Distrito 3
No lugar de Cances existen zonas moi oscuras ou en penumbra que contribúen á inseguridade cidadá pola tendencia a presenza de comportamentos incívicos e delictivos. Para evitar este comportamentos e incrementar a seguridade cidadá pódense instalar puntos de luz con boa intensidade lumínica e empregando luces respetuosas ambientalmente. Concretamente, sería precisa iluminación entre a fonte e o número 45 do lugar de Cances (zona moi cuberta por eucaliptos e moi oscura), colocar un punto de luz pegado ao muro do número 28 e antes do número 11.
Reforzo carril bici elviña
06/05/2019 • • Distrito 3
A pesar de ser o primeiro tramo de carril bici con certa continuidaden non existe ningunha estación de bicicoruña no seu entorno.
Plantease a creación de tres estacións de bicicoruña:
-Esquina de Pablo Picasso con Alexander Von Humboldt (dando servicio ós diferentes centros educativos da contorna).
-Aparcamento disuasorio de Lonzas (fomentando a intermodalidade).
-Rua Mendaña de Neyra con Avenida da universidade (dando servizo ó CIFP Someso, ExpoCoruña, Coliseum, centro deportivo AQA...)
Instalación de sinais viarias no lugar de Cances
10/05/2019 • • Distrito 3
No cruce entre A Silva e a Rúa Alcalde Jaime Hervada atópase un cruce de gran perigosidade pola alta velocidade dos vehículos que pasan por esta rúa. Para regular o tránsito e tratar de que os vehículos reduzan a velocidade, proponse a instalación de badéns e/ou de sinais viarias antes de paso de peóns que se atopa próximo ao cruce.
Asfaltado no lugar da Silva-Cances
10/05/2019 • • Distrito 3
O asfaltado nas zona dos lugares da Silva-Cances está en moi mal estado, xa que hai socabóns, o asfalto rompe a cotío e hai inundacións por sobreelevación da estrada. É preciso asfaltar a estrada no lugar da Silva dende o número 42 ata o número 100 para igualar o firme nas tomas de auga e alcantarillado, e conectar este lugar da Silva co lugar de Cances que aínda conta con asfalto moi antigo.
Beirarrúas nos lugares da Silva, Cances e As Reixas
10/05/2019 • • Distrito 3
Os lugares da Silva, Cances e As Reixas non están o suficientemente humanizados, isto é, débense crear beirrarúas por aquelas zonas onde aínda non as haxa para facilitar a circulación peonil con seguridade.