A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2019

Beirarrúas nos lugares da Silva, Cances e As Reixas

beatrizgomez beatrizgomez  •  10/05/2019  •  Distrito 3  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 2000

Os lugares da Silva, Cances e As Reixas non están o suficientemente humanizados, isto é, débense crear beirrarúas por aquelas zonas onde aínda non as haxa para facilitar a circulación peonil con seguridade. 

Informe de custo

Comunicámoslle que a súa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: Co límite de custo de 200.000 euros das propostas de distrito poderanse executar 650 metros de beirarrúas de dous metros de ancho, incluíndo os servizos municipais que foran necesarios. As zonas sobre as que actuar dependerán dun estudo previo patrimonial co fin de delimitar o solo público, ao non contemplarse a realización de expropiacións.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.