Na Coruña Contas

Volver

Humanización da Avda.de Gran Canaria establecendo unha zona 30km/h

pepinha pepinha  •  20/05/2019  •  Distrito 9  • 

avdaGranCanaria.jpg
avdaGranCanaria.jpg

Código proposta de investimento: 2207

A avda de Gran Canaria canaliza boa parte do tráfico da cidade escolar, e esto fai que demasiadas veces se circule a 60 e 70 nunha zona cun gran tránsito de peóns. Ao longo do seu percorrido discorre entre puntos tan importantes para o barrio como a praza da Tolerancia, o Conservatorio de Música ou o Centro de Saúde e o Centro Cívico. Ademáis no seu tramo central, entre a rúa Educación e Archer Milton, concéntrase a maior área comercial da zona, con locais a ambos lados.

Penso que sería unha boa medida limitar a velocidade efectiva en toda esta rúa mediante maior sinalización e medidas disuasorias tales como pasos de peóns elevados ou badenes, xa que son bastante perigosos na actualidade. E incluso se fose necesario presencia policial ao principio para concienciar da necesidade de respetar unha velocidade segura de circulación.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • monfero

    O ano pasado tiveron que acudir as ambulancias en máis dunha ocasión a atender accidentes nos pasos de peón desa rúa. Fun testemuña dun caso no paso de peóns á altura de Rúa Honduras e tamén outro accidente fronte a carnicería "Pan y Ceballos". Desde logo trátase dunha rúa con varios puntos perigosos.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos