A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2019

Acondicionamento do espazo do Vixía de Monte Alto ao redor do depósito de auga

trr trr  •  20/05/2019  •  Distrito 10  •    1 comentario

Espazo_do_vixia de Monte Alto
Espazo_do_vixia de Monte Alto

Código proposta de gasto: 2203

Desde a ANPA do CEIP Sanjurjo de Carricarte propoñemos o acondicionamento paisaxístico do zona situada entre os centros educativos CEIP Sanjurjo de Carricarte, CEIP Víctor López Seoane, EIM Luis Seoane e Galiña Azul de Monte Alto, ao redor do depósito de agua de Monte Alto. Con esta acción poríase en valor esa contorna do barrio, creando un espazo seguro e adaptado ás necesidades do alumnado e da cidadanía. A través dun sistema de esclusas, movendo os peches dos centros educativos, crearíase un espazo que permita a interacción do alumnado no horario lectivo nun espazo natural cos beneficios educativos que isto suporía. Ao mesmo tempo fóra do horario lectivo, todo o barrio gañaría un novo espazo verde para o disfrute da cidadanía, contaría con sinalización desta parte histórica do barrio e facilitaría a comunicación entre os centros educativos.

Localización: Espazo do Vixía de Monte Alto situado entre os centros educativos da zona, ao redor do depósito de auga

Organización: ANPA Eduardo Sanjurjo do CEIP Sanjurjo de Carricarte


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.