Na Coruña Contas

Volver

Reforma da rúa Filantropía con ampliación das beirarrúas e prantación de árbores

brunorcd brunorcd  •  20/05/2019  •  Distrito 9  • 

Estado actual da rúa Filantropía
Estado actual da rúa Filantropía

Código proposta de investimento: 2194

A rúa Filantropía, dende a Rolda de Nelle ata a Avenida de Calvo Sotelo, ten un carril de circulación cun tamaño excesivo, onde caben dous coches en paralelo como pode verse na imaxe.  Sempre hai dobre fila debido ao colexo e ao hospital que hai na rúa, polo que proponse a ampliación das beirarrúas e a prantación de árbores en toda a lonxitude da rúa, así como a renovación do firme, que actualmente presenta un moi mal estado, e a instalación de badenes reductores de velocidade nas proximidades dos pasos de peóns, xa que debido á pendente da rúa, os coches circulan a moita velocidade e isto provoca inseguridade aos moitos nenos e nenas que transitan por esta rúa á entrada e saída do colexo.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos