Na Coruña Contas

Volver

Unir Castros/Castrillón a través de Paso elevado e paseo ata Barrio das Flores

cocasina cocasina  •  20/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2162

Unir os barrios do Castrillón e Os Castros cun paso elevado atravesando á Avenida da pasaxe nas inmediacións do oleoducto soterrado, continuando do mesmo xeito que se procedeu co carril bici e o paseo que ven dende o parque de San Diego e que continuaría polo barrio do Castrillón a través do bulevar Javier López López ata o Barrio das Flores. O trazado incluiría un paseo peatonal e senda ciclable para facilitar o acceso entre os barrios aos servicios de centro de saude, correos, praias, ect...

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos