Na Coruña Contas

Volver

Ciclo estacións de mantemento no carril bici

slamelov slamelov  •  17/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Exemplo de cicloestación
Exemplo de cicloestación

Código proposta de investimento: 2113

Xa que hai varios Km de carril bici, estaría ben contar con estacións de mantemento semellantes ás que hai agora na Mariña ou no paseo á altura da Coraza. Son postos que contan con bombín e ferramentas que poden solventar un problema na bici para poder continuar a marcha.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos