Na Coruña Contas

Volver

Paso de peóns na rúa Orzán

Pablo Castro Pablo Castro  •  17/05/2019  •  Distrito 10  • 

Screenshot_from_2019-05-17_00-07-26.png
Screenshot_from_2019-05-17_00-07-26.png

Código proposta de investimento: 2100

É tremendamente habitual que as persoas que suben pola rúa Portico de San Andrés cruzen a rúa Orzán por unha zona na que non hay paso de peóns, xusto en frente do número 80 da rúa Orzán, e non hay ningún paso preto, habería que ir ata a bifurcación de Orzan e Cordelería, o que fai que o 90% das persoas crucen en liña recta ignorando a inexistencia do paso de peóns habitualmente cara o supermercado que hay a apenas uns metros.

Este feito xera unha situación de evidente perigo e resulta habitual ver na zona sobresaltos e mesmo pequenos toques de viandantes con vehículos polo que pintar un paso de peóns para normalizar o paso dos cidadáns neste punto sería moi útil.

Localización: Subindo pola beirarúa esquerda da rúa Portico de San Andrés e cruzando xusto enfrente do número 80 da rúa Orzan

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero non se pode facer a través deste programa pois tería que ser un gasto de investimento e pintar un paso de peóns é un gasto corrente.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos