Na Coruña Contas

Volver

Mellorar o carril bici desde Riazor ata o Millenium

slamelov slamelov  •  14/05/2019  •  Distrito 9  • 

Carril bici con farolas
Carril bici con farolas

Código proposta de investimento: 2055

Chamar carril bici ao que hai desde o Praia Club ata o Millenium é demasiado xeneroso. A proposta é darlle continuidade ata o Millenium, ocupando a estrada (e non a beirarrúa), e así non ter que esquivar farolas no tramo que vai desde o Mum ata o Millenium e recuperar ese espazo para os peóns. Primeiro, darlle continuidade, pola estrada, desde o remate do carril bici diante do Praia Club ata onde volve haber carril bici diante da Ribeira do Cómaro, despois do Mum. Facer un novo carril bici desde ese punto ata o do Millenium, pero pola estrada, xa que nese punto hai dous carrís en cada sentido para un tráfico de vehículos que non precisan esa "autoestrada". Iso permitiría recuperar o espazo para peóns que actualmente ocupa o carril bici, que ademáis ten farolas e sinais polo medio, e axudaría a gañar espazo aos coches. Ademáis, daría unha continuidade ao carril que agora non ten.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos