Na Coruña Contas

Volver

Espazo Social para o Barrio de Riazor / Náutica / San Roque

tomilegido tomilegido  •  13/05/2019  •  Distrito 9  • 

Estado actual do abandono de Os Arcados
Estado actual do abandono de Os Arcados

Código proposta de investimento: 2046

Unha cidade debe habilitar espazos de convivencia de titularidade pública. O entorno do Estadio de Riazor, as novas vivendas da zona de Náutica (ás que están chegando centos de persoas) e San Roque de Afora non dispoñen dun espazo muncipal para a lectura o lecer, a cultura... Esta zona merece un Espazo Social Municipal.

Dende hai décadas vemos impasibles como a zona anexa ao Playa Club, coñecida como Os Arcados, está en completo estado de abandono. En fotos antigas da cidade eses arcos eran abertos e podíase disfrutar alí dentro.

Nalgún momento foi concedido para a sua explotación e dende o peche do restaurante quedou de novo como parte da Concesión Municipal que mercou o Deportivo da Coruña.  Recuperemos parcialmente esa concesión municipal (xa que hai una parte dela que si está sendo explotada) e iniciemos unha reforma que de paso a un espazo de convivencia, ocio e cultura.

Localización: Dende a baixada ao paseo Marítimo dende as Esclavas ata as escaleiras que hai antes do Playa Club

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE polos servizos técnicos municipais porque os arcados de Riazor forman parte dunha concesión que está plenamente vixente e, neste momento, é totalmente inviable a recuperación da citada concesión. Agradecemos a túa participación neste programa e esperamos que participes de novo na seguinte edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos