Na Coruña Contas

Volver

Eliminación de muro no camiño de acceso Cances-Bens

beatrizgomez beatrizgomez  •  10/05/2019  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 2008

Ao lado do número 55 de Cances hai un muro que impide o acceso ao camiño de uso público necesario para acceder ao parque que están a habilitar en Penamoa. Proponse a eliminación de dito muro para que toda a veciñanza poida acceder e desfrutar do monte de Penamoa, sen invadir as lindes privadas como está a pasar dende hai varios anos.

Localización: Camino Cances - Bens

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero temos que declarala inviable pois derribar un muro non supón un gasto de investimento senón un gasto corrente, polo que non se pode facer a través deste programa de Orzamentos Participativos, que ten como requisito supoñer un gasto de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos