A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2019

Indicación paso soterrado peóns

anxo_gz anxo_gz  •  07/05/2019  •  Distrito 3  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 1963

Cada vez é máis habitual ver coches estacionados no aparcadoiro disuasoiro de Lonzas, o problema está en que cada vez máis xente circula pola rotonda de San Cristobo, co perigo que leva, tanto para os peóns como para os conductores. Polo que a miña proposta é a de indicar mellor o paso soterrado existente que pouca xente coñece, e mellorar a sua iluminación, así como habilitar outros pasos alternativos, coma un paso elevado do outro lado da rotonda dende a beirarrúa de enfronte do aparcadoiro ata a zona da 2 fase.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.