Na Coruña Contas

Volver

Reurbanización do Paseo das Pontes e Paseo de Ronda

brunorcd brunorcd  •  06/05/2019  •  Distrito 9  • 

Anotación_2019-04-26_160504.jpg
Anotación_2019-04-26_160504.jpg

Código proposta de investimento: 1942

O Paseo das Pontes e Paseo de Ronda é unha zona pola que transitan moitos nenos e nenas a diario, xa que conecta varios colexios con numerosos barrios moi poboados como é o Agra do Orzán, ademáis de ter unha enorme superficie de herba na que xogan moitos destes nenos.  Actualmente, en todo o ser percorrido, o Paseo das Pontes e o Paseo de Ronda teñen dous carrís de circulación por sentido, ademáis dunha fila de aparcamento. Pero, destes dous carrís, sempre un está ocupado pola dobre fila, sen producirse atasco ningún xa que o tránsito de vehículos é bastante reducido. Proponse a eliminación dun carril de circulación por sentido, ampliando desta maneira as beirarrúas e coa opción de incluir un carril bici, unidireccional ou bidireccional.

Localización: Abarca Paseo de Ronda e Paseo das Pontes, dende Ronda de Nelle ata Calvo Sotelo e Avenida Fisterra.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos