Na Coruña Contas

Volver

Complexo Deportivo en condicións para a Agra do Orzán

Por el civismo siempre Por el civismo siempre  •  06/05/2019  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1937

Semella moi vergoñoso que a zona máis poboada da Coruña como é a Agra do Orzán non teña ningún complexo polideportivo en condicións, o único disponible é o AQA da Agra do Orzán que se atopa en un estado lamentable digno de un ximnasio da antiga URSS, sendo o de menor tamaño dos tres que hai na cidade da Coruña (os outros son AQA da Sardiñeira e o de Elviña), cunha sala de fitness moi pequena e coos aparatos vellos e sempre avariados do uso intensivo e cunha piscina e vestuarios que se caen a anacos, é lamentable. Levo tempo queixándome por esta situación pois vou o ximnasio únicamente polo cercanía e o prezo, puxen reclamacións ao Concello e me han dito que é cousa da Xunta e tamén a propia AQA din que eles só xestionan os complexos, é necesario un orzamento para mellorar a situación.

Localización: AQA Agra do Orzán

Informe de inviabilidade

A túa proposta é inviable por non ser competencia municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos